AULAS ABERTAS

Cambios estructurais e pedagóxicos

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, mellora as instalacións e a súa oferta educativa participando en plans de innovación

O Ceip Padre Crespo é un centro de ensino do rural que está loitando por mellorar, ano tras ano, tanto as súas intalacións como a súa oferta educativa. No Ceip Padre Crespo aumentou a matrícula nestes últimos cursos.

Actualmente son 59 os estudantes do colexio de Xunqueira de Ambía, 22 estudantes de infantil agrupados en dúas aulas: 4º e 5º con 12 alumnos de tres e catro anos e a aula de 6º de infantil con 10 estudantes de cinco anos.

En educación primaria son 37 estudantes agrupados en tres aulas: 1º e 2º de primaria con 13 alumnos, aula de 3º de primaria con 12 estudantes e por último 4º e 6º de primaria tamén con 12 alumnos. Un centro de educación infantil e primaria moi activo que participa en diversos programas e plans de innovación educativa e organizan e asisten a tódalas actividades culturais e lúdicas da contorna.

Teñen seccións Bilingües en Plástica (3º e 6º ) e Ciencias (6º), forman parte do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares dende o curso 2012-13, participan nos Plans Proxecta: Aliméntate Ben e Consumópolis (6º) e nos contratos-Programa, onde destacamos entre outros: o Proa: 2 grupos de Reforzo educativo (martes e xoves), o Programa para a mellora das competencias básicas (ámbito lingüístico; matemático e ciencia e tecnología), o Programa para a mellora da Convivencia nos centros educativos, a creación do horto escolar onde traballan a recuperación de especies autóctonas. Da visita realizada ao centro educativo de Xunqueira de Ambía destacamos o programa de alimentación "Aliméntate Ben" onde os estudantes non poden levar nada de comer porque o centro diariamente se encarga do almorzo saudable.

Acaban de celebrar, xunto ao colexio de Allariz, a terceira edición do Certame de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” na que participaron distintos centros da provincia de Ourense. Nos actos de entrega de premios deste certame organizaron actividades de contacontos, obradoiros, concertos e unha merenda solidaria.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante