XORNAL ESCOLAR

Educación por proxectos

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.
photo_camera No CPI José García García de Mende.

No CPI José García García potencian unha educación baseada nas novas tendencias pedagóxicas para mellorar a formación do alumnado

O CPI Jose García García de Mende é un centro educativo perfectamente equipado, a parte das aulas correspondentes a cada curso, contan con aulas específicas de idiomas, obradoiro de tecnoloxía, laboratorio, ximnasio, informática, biblioteca... todo isto  dentro dun entorno natural envexable, con xardín botánico e horto escolar dentro do recinto escolar.

Que servizos ofrece o centro á comunidade educativa?

Contamos con servizo de transporte escolar e comedor con elaboración propia o que lle aporta un plus tanto na variedade dos menús como na calidade dos alimentos.
Contamos cunha moi boa Biblioteca co seu Club de Lectura abertos á comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias), onde temos libros de todos os niveis e variados idiomas. E facilitamos dende o Departamento de Educación Física o aceso do alumnado aos diferentes clubs deportivos da cidade.

En que consiste o Programa de Enriqucemento Curricular?

Aproveitando a experiencia que temos neste centro na atención á diversidade, este ano puxemos en marcha un programa de Enriquecemento Curricular para alumnado con altas capacidades, que lles permita formarse, aparte do currículo ordinario,noutro tipo de contidos máis amplos e de maior complexidade. O programa é totalmente interdisciplinar e consiste na elaboración de proxectos de investigación, recollida de información e exposición pública en materias como a Historia, a Bioloxía, as Matemáticas, a Tecnoloxía, a Física, etc. Trátase, en definitiva, de dar un paso máis na adquisición de coñecementos, non só aprender contidos, senón ser capaz de relacionalos, utilizalos e ser capaz de crear proxectos a partir dos coñecementos adquiridos.

Como é a valoración deste programa?

A experiencia está resultando moi positiva. Temos  un grupo de traballo entre o profesorado coa intención de , en función dos resultados, exportalo a outros centros educativos. A educación por proxectos é unha das liñas que marcan as novas tendencias pedagóxicas como mellora na formación do alumnado.

Que recursos educativos teñen os alumnos nas aulas?

O centro está dentro da Rede ABALAR, o que supón a dotación de ordenadores portátiles para a totalidade do alumnado de 5ºe 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO. A parte da Biblioteca do centro e das bibliotecas de aula, este ano completamos a instalación de encerados dixitais en todas as aulas tanto de Primaria como de ESO, o que unido ao incremento de equipos informáticos, fai posible a inclusión de todo o alumnado nas Novas Tecnoloxías, coa consecuente mellora no proceso de ensino-aprendizaxe.

En que proxectos educativos participades este curso?

A parte do xa mencionado de enriquecemento curricular, levamos anos co proxecto de fomento da lectura, que consiste en dedicar media hora cada mañá á lectura individual. Con isto conseguimos inculcar o hábito da lectura a través do gozo da mesma. Este ano iniciamos co Plan Proxecta da Xunta un programa de fomento da mobilidade segura e ao longo do curso traballamos en proxectos de moi variada tipoloxía: Fomento de hábitos saudables, fomento da actividade física, fomento da alimentación sana, proxectos de mellora da convivencia a través do establecemento da figura do alumnado mediador, etc. 

Cales son as actividades extraescolares que ofrece o centro?

Tanto dende a ANPA como dende o propio claustro de profesorado, ofrécese ao alumnado a posibilidade de numerosas saídas didácticas, científicas, teatro, música, obradoiros de xogos e celebracións tradicionais, etc. Ofértanse actividades de diferentes deportes, Xadrez, Ábaco, Informática, Inglés nativo, Baile moderno, etc. Unha actividade que está tendo moito éxito entre o alumnado de ESO é o cubo de Rubik, dirixida pola profesora de matemáticas.

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.

Mabel González, mestra de primaria

Mabel González Álvarez é Mestra de Educación Primaria no CPI José García García, exerce de Xefa de Estudos da mesma etapa educativa e tamén é a titora de 5º de Primaria.

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.Juan José Fernández, profesor de Tecnoloxía

Juan José Fernández Pérez é o Xefe de Estudos da ESO no centro educativo de Mende e compaxina esta función coa de profesor de  Tecnoloxía en educación secundaria obrigatoria.

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.

Ana María Jiménez, mestra de pegagoxía terapéutica

Ana María Jiménez González é mestra de pedagoxía terapéutica no CPI Jose García García e coordina o equipo de Actividades Extraescolares do centro educativo.

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.

Celsa Lima Iglesias, mestra de educación infantil

Celsa Lina Iglesias Rodríguez é mestra de Educación Infantil no CPI José García García.Este é o último ano que traballa no centro xa que se xubila despois de moitos anos exercendo a docencia.

18.02.16.OURENSE.COLEXIO MENDE.REPOR XORNAL ESCOLAR.

Iñaki Tudela, profesor de educación física

Iñaki Tudela de la Fuente é Profesor de Educación Física de Educación Secundaria Obrigatoria no CPI Jose García García de Mende.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante