O CD La Purísima goza dun importante protagonismo no deporte ourensán e galego e está aberto a todo o mundo
Se no aspecto puramente educativa o CPR La Purísima traballa con esmero por brindarlle aos seus alumnos a mellor e máis completa das formacións, no que se refire ás actividades extraescolares non ía ser menos. Dispoñen dun amplo programa de propostas e contan coas actividades de Aloha, inglés e as deportivas de danza creativa, xadrez, fútbol-sala, fútbol 11, fútbol 8, atletismo, multideporte, zumba e ioga, esto é, para todos os gustos e idades. No ámbito deportivo contan coa entidade polideportiva de CD La Purísima, todo un referente a nivel provincial e galego e aberto a todos os ourensáns.
Compartir múltiples actividades dentro e fóra das aulas, educativas e deportivas, afianza cada día máis a relación entre as familias e o centro e este é un dos obxectivos nos que o equipo directivo incide ano tras ano para ser todos como unha gran familia.
Destaca así o colexio La Purísima pola gran oferta de actividades que ten co fin de acadar grandes competencias na aprendizaxe de idiomas, no deporte e a nivel cultural.