Exitosa plataforma educativa

photo_camera Alumnos do colexio.

No CPR María Auxiliadora, Salesianos, comunícanse diariamente coas familias a través de internet

No colexio Salesianos traballan nunha gran variedade de proxectos e de xeito cooperativo. Ademais dos mencionados anteriormente destacamos: Programas de inmersión lingüística, estancia no estranxeiro, varias materias de Primaria e ESO impártense en inglés, programas de anticipación do Inglés desde Infantil. O próximo curso as aulas de Infantil, Primaria e ESO (38) contarán cun docente nativo de fala inglesa.

Aos estudantes de Educación Infantil encántalles o programa Entusiasmat, axúdalles a desenvolver a competencia matemática divertíndose. En 3º de ESO é un éxito o Camiño de Santiago que realizan durante unha semana. Participan na Semana de cine espiritual desde 3º de Primaria a 1º de Bacharelato.

En varios cursos de Primaria a piscina está integrada curricularmente na Educación Física. O deporte, en Salesianos, forma parte da súa identidade e esencia educativa, no ano 2013 Salesianos foi o primeiro colexio galego en recibir o título “Distinción ao mérito deportivo de Galicia”. En Bosco-Salesianos xogan ao fútbol e baloncesto máis de 300 estudantes, fórmanse nos valores deportivos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar