PAPÁ, MAMÁ ESTOU NO XORNAL

A fantástica linguaxe da arte

20160224_120945_result
photo_camera Alumnos de Educación Infantil e Primaria coa mascota da biblioteca.

Dende A Biblioteca do Rato están a traballar nun proxecto que leva por título: "A pintura como linguaxe da luz e das cores". Estudan e traballan seguindo as correntes artísticas de distintos pintores.

O CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás é un centro educativo moi dinámico, cada curso sorpréndenos con interesantes traballos que se realizan desde a coordinación da biblioteca escolar. Co obxectivo de potenciar habilidades de pensamento creativo, reflexivo e crítico, así como o desarrollo físico, este curso, traballan a través da pintura.

A pintura estimula a comunicación, a creatividade, a sensibilidade e aumenta a capacidade de concentración e expresión dos estudantes. A pintura é sen dúbida, a máis popular das artes visuais, por este motivo, dende A Biblioteca do Rato están a traballar nun proxecto que leva por título: "A pintura como linguaxe da luz e das cores". Estudan e traballan seguindo as correntes artísticas de distintos pintores: Picasso, Kandinssky, Van Gogh... Cada alumno de Educación Primaria escolleu un dos cadros de Picasso e reproduciuno e tamén realizaron a réplica do cadro dos círculos de Kandinsky, que decora a entrada o colexio e na actualidade están a traballar con Van Gogh.

 Para festexar o día de Rosalía, o pasado mércores, fixeron un cadro con fotos de Rosalía ao estilo Pop Art, imitando o cadro de Marilyn de Andy Warhol.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante