XORNAL ESCOLAR

Unha fermosa familia

20.01.16.COLES.CUDEIRO.COLEXIO MALVEDO.
photo_camera Dous alumnos xogando o ping pong.

No colexio de Malvedo destaca a convivencia, procuran que cada persoa se sinta valorada e atendida

No Colexio Malvedo destaca a convivencia entre a comunidade educativa e procuran que cada persoa se sinta valorada e antendida,, que sexan responsables e asistan con ilusión cada día ao centro educativo do Concello de Coles.

Alba,Iris, Adrián e Carlos recibiron ás cámaras de Telemiño na entrada do centro escolar e foron os encargados de ensinarnos o seu colexio. Visitamos diferentes aulas de Educación Infantil, da Eso e Bacharelato.

Vimos como expoñían traballos, como traballaban na aula e a gran variedade de actividades que realizaban. Entramos no salón de actos, na aula de informática, no Ximnasio, nos laboratorios e na aula de tecnoloxía, onde realizan proxectos e maquetas, 
No tempo de lecer xogan ao pimpón, e gozan das marabillosas vistas do seu centro rodeados de campos e dunha fermosa natureza. Un entorno privilexiado a oito quilómetros da cidade. Este centro ofrece unha formación integral aos alumnos e asesoramento as familias.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante