XORNAL ESCOLAR

Galiciencia cumple dez anos

Tecnópole : San Cibrao das Viñas : Ourense : 04-03-15 : imaxe do espectaculo de ciencia para presentar o 10º aniversario de Galiciencia na Tecnópole
photo_camera Imaxe dun espectáculo de Galiciencia.

Todas as actividades previas á celebración da décima edición da Galiciencia, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de novembro, contan coa colaboración da Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Tecnópole celebra este ano o décimo aniversario da maior feira científica de Galicia, a Galiciencia, cun amplo programa de actividades. Un espectáculo científico sobre a luz está a percorrer doce localidades das catro provincias, ao tempo que se abre o concurso para o deseño da mascota oficial do evento.

Todas as actividades previas á celebración da décima edición da Galiciencia, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de novembro, contan coa colaboración da Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

O espectáculo científico aproveita a celebración do Ano Internacional da Luz, facendo un percorrido polas características da luz e polas tecnoloxías baseadas nelas, desde o microscopio ao LED pasando pola fibra óptica. Os participantes teñen ocasión de participar en experimentos sorprendentes deseñados para aprender a través da ciencia explicada de maneira amena e divertida.

Ata finais de maio, o espectáculo está a itinerar por vilas de toda Galicia: O Barco de Valdeorras e Verín, en Ourense; Monforte, Lugo e Viveiro, na provincia de Lugo; Ribeira, Padrón e Betanzos, en Coruña; e Pontevedra, A Guarda e Silleda, na provincia de Pontevedra.

Aproveitando a celebración deste aniversario, Tecnópole lanzará tamén un concurso para deseñar a mascota oficial do evento. Todos os escolares galegos poderán presentar entre abril e xuño as súas ideas e a proposta gañadora cobrará vida durante a celebración da feira.

Mañá, xoves, 9 de abril , Verín acolle un espectáculo de ciencia; e os días 13 e14 , na Tecnópole; os días 20 e 21, en Celanova, e 27 e 28 de abril, en Castro Caldelas, haberá cursos para docentes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante