PHOTOCALL

"Mochilas viaxeiras" no colexio de Boborás

boboras12_result

Por terceiro ano consecutivo, no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás participan no proxecto de fomento da lectura "Mochila viaxeira"

Por terceiro ano consecutivo, no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás participan no proxecto de fomento da lectura "Mochila viaxeira". As mochilas contan con libros, contos, cd´s, dvd´s, guías ou revistas axeitadas á idade de cada un dos alumnos ou alumnas aos que van dirixidas. Trátase dunha actividade para compartir en familia xa que cada alumno leva a mochila á súa casa durante sete días. No colexio de Boborás, un ou dous rapaces por aula (dependendo da clase) levan a mochila e ao pasar unha semana,  estas mochilas pasan a outros  compañeiros de aula.

As casas énchense de historias fantásticas, de viaxes imaxinarias e os nenos e nenas de Boborás están moi ilusionados con esta proposta educativa coa que, xa no terceiro ano, levan aprendido moito e adquiren un hábito lector tan importante na súa formación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante