aulas abertas

Rexeneración dos montes de Tourón

foto_Amigos_da_Terra_20180414_123929_result
photo_camera Amigos da Terra promoveu esta actividade na que contou coa colaboración do Grupo Scout Ilex 695.

Medio cento de persoas, entre as que estaban rapaces scout de Ourense, contribuíron a paliar os efectos dos lumes forestais 

Medio cento de persoas participaron hai uns días nunha serie de accións de rexeneración de montes queimados de Tourón. Estas propostas, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, buscan promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindible para reverter o problema incendiario. 

A actividade, na que participaron numerosos nenos e nenas, estivo impulsada por Amigos da Terra e contou coa colaboración do Grupo Scout Ilex 695 de Ourense e o colectivo ecoloxista Vergasta, de Tourón.

Do grupo de voluntarios, aproximadamente 30 eran rapaces scout de Ourense, que se encargaron de desenvolver labores de reforestación. A participación do Grupo Scout Ilex 695 está encaixada nos seus valores a prol do medio ambiente e a sociedade, parte da educación en valores que desenvolve.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante