Opinión

Idiosincrasia

Xa sabía eu que o birlibirloque da conciencia consistía en mirar para o tempo e deixalo pasar. Tamén pasa a nube que leva auga e a folla que voa impulsada polo vento. A idiosincrasia dunha tumba aberta consiste en que dentro non hai tal defunto e os de fóra rezan un responso pola memoria do que nunca morreu. Adoitamos ir a enterros para que nos vexan.


Xa sabía eu que os raios de sol que están a saír tras esa nube que leva auga, semellan os sorrisos da Ruliña cando deixa caer a mirada sobre os escritos que lle dedico. A idiosincrasia do verbo amar consiste nun latexo, catro suspiros e centos de bicos. Vai por ti, Ruliña.



Te puede interesar