Opinión

O Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo

No mes de outubro de 1869 colocábase a primeira pedra do edificio destinado a Instituto de Segunda Ensinanza pola Deputación Provincial, sendo director don Joaquín Gaite Núñez. Pronto se suspenderon as obras por un espazo de 23 anos, e o 28 de xaneiro de 1891 empréndense de novo sendo arquitecto provincial don Juan Antonio Crespo López. A inauguración do centro tivo lugar o 1 de outubro de 1896 coincidindo coa solemnidade de apertura do novo curso no Instituto de Segunda Ensinanza.


O Salón de Actos ou Paraninfo ocupa a parte central do edificio. A decoración primitiva da súa bóveda e das súas columnas son obra do pintor Ramón Parada Justel, a quen lle concedeu a Deputación unha subvención de 2.500 pesetas para residir en Roma, dedicándose ó estudo de pintura, coa obrigación de decorar os teitos da Biblioteca Provincial e do Salón de Actos do Centro Provincial de Segunda Ensinanza, ademáis de pintar o retrato de S.M. el Rei Alfonso XIII para dito centro. Seguramente que na decoración tivo como axudante ó profesor de debuxo deste centro, don José María Mendiguchía. Este mesmo profesor, seguramente foi o encargado da reforma da bóveda que houbo que facer en 1906, xa que Parada Justel morrera no ano 1902. As pinturas foron retocadas novamente despois do incendio de 1927. O último retoque levouse a cabo sendo director don Francisco Ogando Vázquez (1966-1983).


O Paraninfo é unha das xoias da arte neoclásica ourensá, xunto co Salón de Plenos do Concello da cidade. O Salón de Actos ou Paraninfo foi durante anos o ’Santa Santorum’ do saber. A primeira decoración debeu rematarse cara 1895 ou principios de 1896, dado que en 1895 a Deputación pídelle ó claustro que asesore sore a designación dos bustos que deben coroar o remate. O 18 de xullo de 1895 o claustro do Instituto comunícalle ó señor presidente da Deputación que despois de ter deliberado sobre a designación de ’Homes Ilustres’ en Ciencias, Letras e Artes, cuxos bustos deberían ser colocados no coroamento do Salón de Actos.


Ogando Vázquez nos anos en que foi director mimou o Paraninfo coma os ollos da súa cara ’O claustro, despois de analizar a conveniencia de tributarlle homenaxe a varios sabios e artistas da nosa querida patria, acorda en sesión claustral propoñer a V.I. os seguintes nomes: no ámbito das ciencias a Lucio Columela, Jorge Juan (1713-1773); Antonio José Cavanilles (1778-1853); no ámbito das letras a Miguel de Cervantes (1547-1616), ó Padre Mariana (1536-1623), a Antonio Lebrija (1444-1522), a Jaime Balmes (1810-1847), a Frai Benito Jerónimo Feijóo (1676-1774); no ámbito das artes, Bartolomé Esteban Murillo (1617-1692), a Juan Herrera (1530-1597) e a Gregorio Hernández (1566-1636).


No libro de actas da Deputación tamén figura unha comunicación do arquitecto da provincia propoñendo que as balaustradas da plataforma e das galerías do Salón de Actos se constrúan en madeira de nogueira. Cónstanos que son obras do contratista do edificio Severino López.


Ogando Vázquez, nos anos en que foi director, mimou o Paraninfo coma os ollos da súa cara. Encargoulle ás señoritas da Sección Femi nina a confección do tapiz que cobre a fronte do local. A partir da súa xubilación comezaron a presentarse obras de teatro, tapiáronse as galerías laterais e desapareceu o pano que cubría as butacas. Con isto o deterioro foi galopante.


Pensouse nunha remodelación que non se fixo ata o 2007, e limpeza e restauración de pinturas tiveron por autor a Corral Sousa, profesor da Escola de Arte Antonio Faílde, quen a través do acerto no colorido e na combinación da tonalidades soubo darlle nova vida, non apartándose das ideas orixinais. Houbo que cambiar o baldosado e as butacas que non desentoan no máis mínimo.


Cando a Deputación se fixo cargo do edificio construído ás súas expensas, reservou para si o Salón de Actos ou Paraninfo, pero obrigouse a poñelo a disposición do Instituto para que alí tivesen lugar todos os actos académicos que as leis prescriben. Tamén se podían celebrar alí todos os actos que o director e os claustrais acordasen reclamando, neste caso, as chaves con vintecatro horas de anticipación. Sen embargo, se con anterioridade á reclamación do director tivese a Deputación acordado a celebración de algún acto solemne en dito salón e no mesmo día por o cal o reclama o director, aprazarase a entrega das chaves ata que o acto acordado pola Deputación se realice, a non ser que se poida harmonizar a celebración de ambos no mesmo día.


Restaurada esta xoia artística, moitos actos oficiais da cidade, cando os asistentes non excedan da capacidade do Paraninfo, e con permiso do director, despois de oír ós claustrais, poderán celebrarse alí. Con isto contribuiremos a abrir o Instituto á cidade para que haxa unha mútua colaboración.

Te puede interesar