Opinión

Bochornoso

A verdade é que as palabras de Mariló Montero ao respecto do feminismo non a deixan en moi bo lugar. A presentadora non só meteu a zoca, mais quedou tan fresca. Isto amosa, unha vez máis, o de que a ig- norancia é ben atrevida.

A cousa, por moito que resulte hila- rante, é triste, pois, malia sabermos que aínda queda moito camiño por facer, costa aceptar que, en pleno século XXI, e, despois de tantos esforzos pola libe- ración da muller, haxa persoas que, co- ma ela, confunden todo. Seguramente a presentadora non se parou a pensar que, de non ser polos logros acadados grazas ás feministas, estaría, como din por aí, coa pata crebada e na casa.

Así é que cando fala do feminismo -“(...) un día le pregunté a una amiga qué era ser feminista y me dijo que defender a las mujeres. ¡Y yo también defiendo a los hombres! Entonces no me gusta definirme como feminista ni como machista. Soy tan feminista como machista”-, á marxe de facer visíbel o descoñecemento profundo do tema, amosa tamén, nidiamente, unha certa falta de profesionalidade.

Calquera persoa que traballe nun medio de comunicación debería informarse, antes de abrir a boca para opinar. Non tanto por interese propio -a todo quisque lle gusta quedar ben... Mais por respecto ao público. Daquela, faría ben a amiga Mariló buscando información ao respecto deste tema nunha boa biblioteca, por exemplo, ou mesmo na internet. O de preguntarlle ás amigas quedou claro que non serve. Que aprendeu Mariló Montero do que dixo a compañeira? Ren. Por que? Por unha simple razón: Mariló Montero xa tiña decidido non aprender. Isto sucede sempre que alguén ten prexuízos e vive, comodamente, instalado neles.

Que faría unha muller con verdadeira curiosidade por este tema? Buscar información. Pero, que buscaría? Pois algo así como Historia política del pantalón, de Christine Bard, ou Historia del feminismo (siglos XIX y XX), de Gloria Sole Romeo, para ir facendo boca. A poder ser con caderno e boli na man, por aquilo de tomar notas, pois, dada a torpeza da súa explicación, salta á vista que necesita mellorar nesta materia. Conforme vaia aprendendo, comprenderá, non só o ridículo das súas declaracións, mais, a diferenza entre hembrismo e feminismo.

Co paso do tempo, talvez poida disfrutar O segundo sexo, de Simone de Beauvoir. Todo dependerá dela, da vontade que poña no asunto, porque aprender, cómpre non esquecer isto, tamén pode ser unha decisión. 

Te puede interesar