Opinión

O arroupe dos meus

Así foi como me sentín es- ta semana de presentacióndo libro, felizmente arroupado, fundamentalmente polos meus, os amigos, os de sempre, os que están en todo momento aínda que pasen meses sen vérmonos. Difícil de explicar con palabras as emocións vividas no centro cultural “marcos Valcárcel” na noite do martes no Foro La región. Non sería xusto se non agradecera tamén o arroupe ourensán-vigués do día seguinte na casa do Libro de Vigo, onde o gran pintor Antón Pulido e a xornalista Noelia Otero exerceron de mestres de cirimonias o mesmo que fixeran Juan José Feijóo e Vidal López no acto de ourense. Verse rodeado de antigos compañeiros de traballo e de fatigas, familiares e amigos, é a satisfacción máis grande que un pode ter cando presenta algo en público, e tal como ocorrera aquel día no que eu abría co meu show as festas do corpus, os meus estiveron, estivestes, aí. Milgracias de corazón. A última cita deixeina para un acto que pretendo sexa moi íntimo e emotivo no meu pobo de allariz, será o xoves 18 na Fundación “Vicente Risco” que desde o primeiro momento quixo acollerme para tal fin, cousa que lle agradezo sobremaneira. Agardo que esa presentación sexa un reencontro con moitas das persoas que eu nomeo no libro, os meus amigos da infancia e da adolescencia, esas etapas que tanto marcan a vida das persoas; con todo eles, e co fío conductor de Piís Quintana, seguro que faremos un repaso divertido de todos aqueles momentos nos que iamos descubrindo o mundo desde a nosa Vila, o mundo da música, do teatro, das festas, dos xogos e dos primeiros compromisos; un marabillloso universo que vivimos de xeito especial os que tivemos a inmensa fortuna de nacer en pequenas vilas nas que todos nos coñecemos.

PREMIO PARA ELÍAS PORTELA

Falei del hai unhas semanas cando vos contaba o meu encontro coa poetisa Yolanda Castaño, recén chegada de china, e alégrome ter que volver facelo polo premio de poesía que a fundación lle ven de conceder pola obra “bazar de traidores” a este escritor nacido en cangas do morrazo e afincado nas frías terras islandesas, onde é coñecido como Elías Knörr. Non me equivoquei nadiña cando fixen a primeira referencia del nestas páxinas hai máis dun ano, cando en Berlín celebrei o día das Letras Galegas asistindo a un recitado dos seus poemas, un auténtico show cultural que non deixou a ninguén indiferente, por transgresor, divertido, galego e impactante. as culturas islandesa e galega están agora máis unidas gracias a este premio, do que o autor se confesa orgulloso por ser a súa terra de orixe quen llo concede. Téñolle especial simpatía a elías, porque estando nese mundo da cultura e da filoloxía non dubidou en canto me víu no Insituto Cervantes berlinés en darme un sentido abrazo e agradecerme os moitos momentos televisivos dos que confesou ter disfrutado conmigo. E como ben sabedes que eu son fiel a esoutro lema de “amor con amor se paga”, aquí estou para alegrarme e pregoar ós catro ventos ese merecido premio para aquel xoven filólogo que cunha beca erasmus, benditas becas, conquistou as terras do norte de europa e mesmo logrou que a “Poetry Society” do reino Unido o elexira como un dos tres poetas máis representativos en lingua islandesa, cando prácticamente aínda era un perfecto descoñecido por aquelas terras. O xeito de coñecernos non puido ser máis divertido, foi nunha sala de festas de Samil en Vigo bailando como posesos as cancións que Alaska e Fangoria nos cantaban desde o escenario. 

A DESPEDIDA DE PALOMA

Díxenllo esoutra noite nas bambalinas de “Luar”, non te retires nunca, porque damas da canción e do espectáculo como ti hai ben poucas. E agardo que sexa así, porque leva amagando con deixar os escenarios desde hai un tempo, pero dame a impresión de que sempre haberá unha volta máis, e nós estaremos encantados de que non cumpla a súa palabra e que a nosa “evita” siga poñéndonos a pel de pita coa súa versión de “No llores por mi argentina”, ou aqueloutro tema eurovisivo que deixou claro que no escenario estaba unha señora, “La fiesta terminó”. Paloma San Basilio, que en moitos países de Latinoamérica adoran, ten ese “anxo” que moi pouca xente ten, non precisa de grandes artificios para cativar ó auditorio, a súa voz e os seus brazos transmiten unha forza e unha seguridade impresionantes, sexa en solitario, nos musicáis que protagonizou ou ó lado de Plácido Domingo ou Josep Carreras. Dí que se retira para escribir e pintar, e nós dicímoslle que non deixe de cantar nunca. 

Te puede interesar