VIDA

De aldea en aldea, en Cartelle

Os Reis Magos non faltaron a súa cita co Concello de Cartelle. Por segundo ano, e como medida preventiva, cambiouse a gran festa que tiña lugar en Outomuro onde os Magos de Oriente recibían un a un aos cativos para escoitar as súas peticións, por unha singular cabalgata na que foron visitando  pobo a pobo a cada nena e neno do concello e os que pasan estas datas de lecer en familia.

A ilusión e os nervios vianse nas caras da cativada ante tan especial visita que, na noite do día 5 deixarían os seus agasallos polo comportamento exemplar que tiveron ao longo do ano e as boas notas. Agora toca volver a portarse aínda mellor para que para o ano todo mellore.

1
1 / 7

A comitiva real a piques de entrar na Galiña Azul ubicada en Outomuro.

2
2 / 7

Na parada das Marabillas cos nenos de Muntián.

3
3 / 7

A cativada recibiu toda un agasallo, ademais de caramelos e chocolates.

4
4 / 7

Os Reis con June, Iker, Izan, Ainhara, Leire e Damián, en Sande.4

5
5 / 7

Algúns nenos recibiron as Súas Maxestades na casa.

6
6 / 7

Dou cativos posan cos Reis en Outomuro.

7
7 / 7

A ilusión da visita os Reis notábase nas nenas e nenos.