VIDA

Concerto de Aninovo na catedral

A Real Banda de Gaitas da Deputación ofreceu na catedral de San Martiño o seu tradicional concerto de aninovo dedicado ao cantor e poeta Juan Corzo Álvarez (Celavente, O Bolo), recoñecendo así na súa figura o labor de centos de artistas populares que, de forma anónima, contribuíron decididamente á construción da lírica tradicional galega.

A Real Banda de Gaitas, entre outra obras, estreou tres fragmentos da Égloga Operística Pastora da Serra Sola coa colaboración dos cantores Iria Estévez e Gabi Reboredo, os violinistas Tatiana Kostomarova & Mikhail Merzlyakov Kostomarov, así como da Agrupación de Cantareiras de Queixumes dos Pinos e o profesor organista Manuel Rei Olleros.

FOTOS: MARTIÑO PINAL

1
1 / 6

Un momento do concerto de aninovo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

2
2 / 6

Rita, Yeray e Mariví.

3
3 / 6

Óscar, Óscar e Aurora.

4
4 / 6

Patri e David.

5
5 / 6

Martiño, Leo e Noé.

6
6 / 6

Público asistente ao recital na Catedral.