Xornal Escolar

A túa puntería a proba

xornalescolar_2601_lixoteca_001
1 / 6

Na Lixoteca desta semana toca poñer a proba a túa puntería cun divertido xogo, para o que necesitaremos uns materiais moi fáciles de conseguir: unha botella de plástico baleira (de 1,5 litros é perfecta), un pouco de corda, unha pelotiña de ping pong, cintas adhesivas de cores, tesoiras e un pouco de pegamento.

xornalescolar_2601_lixoteca_002
2 / 6

O primeiro paso será preparar a botella para que nos sirva de canasta deste orixinal xogo. Ábrea pola metade e sécaa ben por dentro para non mollarte mentres preparas o xogo. A parte que imos necesitar é a de arriba pero non tires a outra porque podemos empregala noutra Lixoteca, para facer un lapiceiro, por exemplo.

xornalescolar_2601_lixoteca_003
3 / 6

Cando elimines os restos de líquido que poida haber dentro da botella, pon un pouco de cinta adhesiva sobre todo o borde por onde recortaches. O plástico pode quedarche cortado de forma irregular e poderías cortarte sen querer, así que non saltes este paso. Podes aproveitar para darlle uns toques decorativos con outras cores.

xornalescolar_2601_lixoteca_004
4 / 6

Corta agora un pouco de corda -arredor duns 50 centímetros- e engánchaa coa tapa da botella. Tan só terás que abrila, meter un pouco de corda para dentro polo bico e volvela enroscar asegurándote de que queda ben amarrada. Se xa o tes, chegou o momento de rematar este divertido xogo.

xornalescolar_2601_lixoteca_005
5 / 6

Falta unha cousa moi importante no outro extremo da corda. Sabes cal é? Exacto! A pelotiña! Para asegurar, nós démoslle un punto de pegamento coa pistola de silicona, pero podes enganchar a corda na bola cun pouco de cinta adhesiva que pegue ben. Pon bastante para poder xogar sen preocuparte de que escape.

xornalescolar_2601_lixoteca_006
6 / 6

Xa está listo para que comeces a xogar! O sistema é moi sinxelo: agarra a botella pola parte do tapón, solta a boliña e, sen usar a outra man, trata de encestala dentro. Todo depende da túa maña para pasar un momento de diversión e podes retar ós teus coñecidos. Xa sabes… Mans á obra!