Xornal Escolar

Aprendendo no río Miño durante as vacacións

Aínda que durante a época do Nadal os colexios pechan as súas portas durante uns días, nada impide seguir aprendendo, neste caso coa natureza como libro e a conciencia medioambiental como programa didáctico. Son as dúas premisas que segue a Aula da Natureza do Río Miño no seu programa de conciliación durante as vacacións. 

Co obxectivo firme de inculcar nos máis novos a importancia de coidar o entorno, durante dez xornadas, o espazo situado no entorno de Oira desenvolveu numerosas actividades nas que non faltou a didáctica pero tampouco a diversión. 

Da man de expertos en diferentes eidos coordinados por Luis Herminio Amigo e Ignacio Alfredo Nanín, unha ducia de cativos participaron na edición de Nadal. Alí, participaron en obradoiros de manualidades, sesións de xogos populares, observación e aprendizaxe sobre aves, recollida de residuos, graffitis para concienciar… Cada unha das dez xornadas estivo centrada nun aspecto diferente sobre a natureza, pero todos tiveron a conciencia como nexo. 

Segundo indican dende a  organización, as novas xeracións están moi comprometidas co coidado medioambiental e prestan moita atención a todas as explicacións que os monitores foron ofrecendo en cada unha das sesións. Unha forma perfecta de pasar as vacacións sen perder de vista a aprendizaxe.

xornalescolar_1501_aula_oira_10
1 / 10

O obxectivo principal do programa é concienciar sobre o respecto ó medio ambiente e, por iso, unha das xornada estivo adicada ós cans, para explicarlle ós cativos que non son xoguetes, senón seres vivos.

xornalescolar_1501_aula_oira_09
2 / 10

Cos mundos animal e vexetal como protagonistas, nesta iniciativa non faltan nunca os traballos manuais, para fomentar a creatividade dos máis novos ó tempo que aprenden sobre diferentes materias.

xornalescolar_1501_aula_oira_08
3 / 10

O entorno próximo de Oira é o escenario perfecto para o programa de conciliación da Aula de Natureza, que o emprega para que os nenos e nenas tomen conciencia sobre a importancia de coidalo cada día.

xornalescolar_1501_aula_oira_06
4 / 10

A xornada de xogos populares foi un éxito entre os cativos.

xornalescolar_1501_aula_oira_01
5 / 10

Tamén fixeron uns orixinais renos.

xornalescolar_1501_aula_oira_02
6 / 10

Na última xornada pintaron graffitis para concienciar sobre o coidado das augas.

xornalescolar_1501_aula_oira_03
7 / 10

Un dos días saíron ó bosque a recoller residuos.

xornalescolar_1501_aula_oira_04
8 / 10

Tamén aprenderon sobre a alimentación dos paxaros.

xornalescolar_1501_aula_oira_05
9 / 10

Xunto a Ecoembes, listos para recoller lixo da natureza.

xornalescolar_1501_aula_oira_07
10 / 10

O ritmo desta edición puxérono co obradoiro de ecopercusión.