Xornal Escolar

Como navegar ben polas redes sociais dende o Padre Feijóo Zorelle

Dentro do Plan Dixital do centro educativo e no programa Ciencia Activa, o alumnado de cuarto de ESO desenvolveu “Coach Kids”. Esta iniciativa ten como obxectivo facer conscientes aos menores do risco que pode ter un mal uso das redes sociais e da tecnoloxía. 

Dentro dela, son os propios alumnos máis veteranos os que se encargan de explicarlle ós seus compañeiros de Educación Primaria as precaucións que se deben ter para un uso correcto e positivo das redes sociais. 

Os escolares Adrián, Brais e Ikbal foron os encargados de explicar nas aulas de quinto como ser máis competentes dixitalmente. Pola súa banda, Leslie, Andrea e Juan José ofreceron unha charla en sexto centrada en “Pantallas Amigas”.

xornalescolar_0803_feijoo_02
1 / 5

Proxecto Coach Kids no Padre Feijóo Zorelle.

xornalescolar_0803_feijoo_01
2 / 5

Proxecto Coach Kids no Padre Feijóo Zorelle.

xornalescolar_0803_feijoo_03
3 / 5

Proxecto Coach Kids no Padre Feijóo Zorelle.

xornalescolar_0803_feijoo_04
4 / 5

Proxecto Coach Kids no Padre Feijóo Zorelle.

xornalescolar_0803_feijoo_05
5 / 5

Proxecto Coach Kids no Padre Feijóo Zorelle.