Xornal Escolar

Os contos do avó e o neto no Filomena Dato de Barbadás

Izan e o seu avó, Justo Calviño, pasaron xuntos o verán. Nese tempo, compartiron moitas historias e contos que espertaron o interese do cativo e déronlle unha idea ó seu avó. Se ó seu neno lle interesaban as súas historias, por que non a outros? Así naceu “Os contos do avó”, un libro que verá a luz a finais de ano pero do que os alumnos do colexio Filomena Dato de Barbadás xa puideron escoitar algúns capítulos.

Celebraban así o Día das Bibliotecas Escolares, no que gozaron ó máximo da tradición oral e mesmo se animaron a aportar o seu gran de area imaxinativo e completar os contos de Justo Calviño. Entre o público observaba Izan, moi orgulloso do seu avó e artífice deste libro que agora se prepara.

Tódolos participantes, tanto os alumnos coma os profesores, e mesmo os familiares de Izan que estaban presentes, estiveron moi implicados nas historias de Justo Calviño, veciño de Barbadás e moi nervoso pola reacción dun público tan esixente como adoita ser o infantil. Pero foi un público tamén agradecido. 

O escritor centrou a súa sesión na historia de Barbadás, comezando pola Prehistoria e levando ós seus novos oíntes de forma imaxinaria ata a época dos dinosaurios. A partir de aí, foron percorrendo os contos da súa terra ata chegar ó día de hoxe, percorrendo moitos lugares sen saír do colexio. 

xornalescolar_2710_filomenadato_02
1 / 9

Moi atentos ós contos de Justo Calviño.

xornalescolar_2710_filomenadato_03
2 / 9

Unha xornada moi especial para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.

xornalescolar_2710_filomenadato_04
3 / 9

Os alumnos percorreron coa imaxinación a época dos dinosaurios.

xornalescolar_2710_filomenadato_05
4 / 9

Justo Calviño, ademais de ter ó seu neto Izan entre o público, estivo acompañado polos seus familiares, que lle axudaron a crear ambiente nas súas historias e participaron e gozaron dos contos do avó.

xornalescolar_2710_filomenadato_07
5 / 9

Justo Calviño está preparando o libro “Os contos do avó”.

xornalescolar_2710_filomenadato_08
6 / 9

O Filomena Dato encheuse de contos para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.

xornalescolar_2710_filomenadato_09
7 / 9

Izan é o neto de Justo Calviño e explicoulle ás cámaras de Telemiño de que xeito influíu no escritor para o libro “Os contos do avó”, que está previsto que se publique a finais deste ano.

xornalescolar_2710_filomenadato_11
8 / 9

A actividade para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares desenvolveuse en dúas sesións no Filomena Dato de Barbadás e, nas dúas, os alumnos estiveron moi atentos ás historias sobre o seu municipio.

xornalescolar_2710_filomenadato_12
9 / 9

Os alumnos emocionáronse coas historias de Barbadás.