xornalescolar_1501_lixoteca_01
1 / 6

Agora que chega o inverno e moitos días non poderás saír a xogar ó aire libre por mor do mal tempo, imos construír un campo de fútbol moi divertido. Tan só necesitaremos: unha caixa de cartón, un cúter, pintura verde e pincel, un rotulador branco, dúas palliñas e unha pelotiña de ping pong.

xornalescolar_1501_lixoteca_02
2 / 6

Non hai campo de fútbol sen unhas boas porterías, porque senón, non poderías marcar goles. Así que imos comezar por elas. Co cúter e a axuda dun maior para non mancarte, corta dous rectángulos nos lados máis curtos da caixa. Mira que sexan do mesmo tamaño para que ningún dos xogadores teña vantaxe.

xornalescolar_1501_lixoteca_03
3 / 6

E tampouco hai campo de fútbol sen as súas áreas correspondentes. Pero antes, imos pintar toda a superficie de verde para simular un campo de verdade e que o xogo sexa máis interesante. Axúdate dunha brocha un pouco gorda para que este paso sexa máis rápido e poidamos comezar a xogar canto antes.

xornalescolar_1501_lixoteca_05
4 / 6

Agora si que imos marcar as áreas. O primeiro será mirar onde está o centro do campo para saber cal é o terreo de cada xogador. Podes miralo cunha regra para que os dous xogadores teñan a mesma superficie de xogo. Cando o teñas, marca tamén as áreas das porterías.

xornalescolar_1501_lixoteca_06
5 / 6

Xa case estamos listos para comezar! Tan só nos falta coller dúas palliñas e a pelotiña de ping pong. Imos empregar este tipo de bola porque ó xogar soprando necesitamos que non pese demasiado, así o xogo será máis emocionante e a pelotiña moverase con máis velocidade.

xornalescolar_1501_lixoteca_07
6 / 6

Busca un bo contrincante e comezade a poñer a proba os vosos pulmóns porque este campo de fútbol está listo para comezar o partido. Colocádevos un en cada portería, a boliña no medio do campo e a soprar! A ver quen consegue meter máis goles con este divertido xogo. Xa sabes… Mans á obra!