Xornal Escolar

Lixoteca: un sinxelo lapiceiro

Na Lixoteca desta semana, preparamos un sinxelo e orixinal lapiceiro para que teñas sempre a man o teu material escolar e o escritorio sempre colocado.

xornal_escolar_lixoteca_01a
1 / 6

Comezou o curso e é época de organizar todo o noso material escolar, por iso imos facer un sinxelo e orixinal lapiceiro. Para elaboralo tan só necesitamos: cartolinas de cores, unha tesoira, un rotulador e unha pistola de silicona (ou pegamento instantáneo).

xornal_escolar_lixoteca_02a
2 / 6

O primeiro que faremos será definir a base do lapiceiro. Tan só terás que cortar un rectángulo onde nos caiban os tres cilindros que imos empregar para gardar os nosos lapis, bolígrafos, rotuladores, tesoiras… E tódalas cousas que che apeteza gardar no lapiceiro.

xornal_escolar_lixoteca_03a
3 / 6

Coas outras tres cartolinas fabricaremos os cilindros para gardar as cousas. Por iso, terás que cortar rectángulos de diferentes cores e tamaños para que nos quede cada departamento dunha medida e así adaptarase ós diferentes materiais escolares.

xornal_escolar_lixoteca_04a
4 / 6

Agora toca pegar. Nós empregamos unha pistola de silicona, pero neste caso terás que pedirlle axuda a un maior para non mancarte. Se queres, tamén podes empregar pegamento de barra, asegurándote de que queda ben pegado. Une os dous lados máis curtos da cartolina e fai un cilindro.

xornal_escolar_lixoteca_05a
5 / 6

Repite a operación cos tres rectángulos que tiñamos cortados (lémbrate de deixar un sen pegar para a base do lapiceiro). O resultado serán tres tubos de diferentes tamaños (ou os tres do mesmo, se o prefires).

xornal_escolar_lixoteca_06a
6 / 6

Pega os tres cilindros sobre a cartolina que deixaches para a base e… listo! Xa tes nas túas mans un orixinal e sinxelo lapiceiro para comezar a organizar o teu material escolar e ter todo sempre a man no teu escritorio.