Xornal Escolar

Novos proxectos en Salesianos

O segundo trimestre chega coas pilas cargadas ás aulas de Salesianos, que despediron os últimos días do ano pasado con grandes actividades e proxectos que se prolongarán nos vindeiros meses. No primeiro apartado, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato mantivo unha videoconferencia coa isla de La Palma na segunda Xornada ConCiencia deste curso, actividade divulgativa organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais. Xunto a eles estivo o vulcanólogo lucense David Calvo Fernández, que lles explicou as tarefas de investigación que o INVOLCAN e outros grupos científicos levan a cabo na illa.

Mentres, un grupo de 13 profesores de Salesianos que imparten Inglés e outras materias plurilingües,  tiveron unha xornada de formación sobre a metodoloxía “Jolly Phonics”, un método de lectoescritura para aprender inglés a través de sons que se está implantando en Salesianos. Para os alumnos supón, ademais, un xeito divertido e atractivo de aprender con máis naturalidade.

Este programa ven a reforzar outras moitas actividades levadas a cabo en inglés neste centro, como son os diferentes programas de inmersión lingüística no estranxeiro, os exames Cambridge de certificación, o Bacharelato Americano ou a presencia dunha docente nativa de inglés en tódalas aulas, entre outras.

xornalescolar_1501_salesianos_03
1 / 5

Os profesores recibiron unha sesión formativa do método Jolly Phonics

xornalescolar_1501_salesianos_02
2 / 5

Os alumnos contactaron en directo coa illa de La Palma.

xornalescolar_1501_salesianos_01
3 / 5

Os alumnos aprenderon sobre vulcanoloxía.

xornalescolar_1501_salesianos_04
4 / 5

Esta nova metodoloxía está enfocada á aprendizaxe de inglés.

xornalescolar_1501_salesianos_05
5 / 5

Salesianos realiza moitas actividades de inmersión lingüística todo o ano