Xornal Escolar

O periodo de adaptación de Educación Infantil en Franciscanas

Teñen só tres anos de vida -mesmo dous no caso daqueles que están de aniversario a final de ano- pero son expertos en adaptarse ás rutinas. As miradas dos novos cursos están sempre postas neles, nos seus choros e emocións polo novo mundo que se lles presenta. E fano de marabilla.

O periodo de adaptación dos máis novatos dos colexios ten cores, formas e debuxos. Son semanas de explorar a aula, descubrir os xoguetes e mentalizarse de que inician unha nova etapa nas súas vidas. “Gústame xogar, pero tamén imos ter que estudiar”. Así de animada o comentaba Julia, unha pequena de Franciscanas que, xunto ós seus compañeiros xa están afeitos ó son do despertador, a vestir o mandilón e ós novos horarios que, de luns a venres, lles indican que xa son “maiores”. 

E as mestras de tres anos xa están tamén encariñadas con estes novos grupos de alumnos ós que agora lles teñen que sentar as bases da aprendizaxe, comezando por cousas tan importantes como as cores que enchen as súas aulas.

Ademais, os alumnos que comezan este ano -o terceiro curso marcado pola pandemia- fano dentro dunha lixeira recuperación da normalidade. Ademais de diminuír a distancia social, a partir de agora os escolares das aulas poden tamén compartir o material, a diferencia do que acontecía o pasado curso. Esta medida facilita o xogo e mellora a convivencia duns alumnos que están agora descubrindo un novo mundo. 

xornalescolar_210929_franciscanas_01_resultado
1 / 11

Ademais de aprender, o alumnado tamén aprende a convivir nun curso no que está permitido de novo que compartan material e xoguetes. Estes novos amigos serán os seus compañeiros durante os próximos anos.

xornalescolar_210929_franciscanas_02_resultado
2 / 11

As emocións están moi presentes na primeira etapa escolar, especialmente na fase inicial do curso. É habitual que os máis pequenos choren ó separarse dos seus pais, pero as mestras aseguran que esta morriña dura pouco.

xornalescolar_210929_franciscanas_03_resultado
3 / 11

Tamén traballan con estructuras xeométricas.

xornalescolar_210929_franciscanas_04_resultado
4 / 11

É importante aprender a traballar en equipo.

xornalescolar_210929_franciscanas_05_resultado
5 / 11

Tamén aprenden a convivir cos seus compañeiros.

xornalescolar_210929_franciscanas_06_resultado
6 / 11

Os exercicios con cores son os primeiros que aprenden.

xornalescolar_210929_franciscanas_07_resultado
7 / 11

Os máis cativos adáptanse rápido ás novas rutinas.

xornalescolar_210929_franciscanas_08_resultado
8 / 11

En Franciscanas traballan con estructuras xeométricas para que os pequenos se vaian familiarizando coas formas e as cores, sentando así as bases das súas primeiras aprendizaxes.

xornalescolar_210929_franciscanas_09_resultado
9 / 11

Nesta idade a mellor forma de aprender é xogando.

xornalescolar_210929_franciscanas_10_resultado
10 / 11

Os máis pequenos pásano de marabilla nas súas clases.

xornalescolar_210929_franciscanas_11_resultado
11 / 11

Este ano os alumnos xa poden compartir materiais.