Xornal Escolar

Presentación do novo coro escolar da Ponte

Coincidindo coa presentación do poemario “A mar, amar”, do poeta Xosé Luna, o colexio da Ponte presentou ó seu coro, formado por alumnos do centro educativo que estaban desexando facer o seu debut musical. Con un repertorio composto polos versos do autor, os alumnos ourensáns estiveron acompañados tamén por alumnos do colexio Virxe da Penda da Sela do Irixo. 

A primeira actuación do coro da Ponte foi un auténtico éxito, recibiron moitos aplausos dos centos de persoas que asistiron ó acto no Liceo, entre os que estiveron tamén representantes da Xunta de Galicia e outros artistas convidados. O evento foi conducido pola mestra do colexio Susana Godoy.

xornalescolar_1412_ponte_01
1 / 6

O debut do coro contou con centos de asistentes.

xornalescolar_1412_ponte_02
2 / 6

Xunto ós alumnos da Ponte estiveron escolares do Irixo.

xornalescolar_1412_ponte_03
3 / 6

O coro actuou na presentación do libro “A mar, amar”.

xornalescolar_1412_ponte_04
4 / 6

A presentación do coro da Ponte foi un éxito.

xornalescolar_1412_ponte_05
5 / 6

Os máis pequenos tamén se animaron a cantar.

xornalescolar_1412_ponte_06
6 / 6

Primeira actuación do coro da Ponte.