Xornal Escolar

A primavera chega ós colexios

A primavera chega ás aulas ourensás e, con ela, numerosas actividades de posta en valor do medio. Ademais de celebrar xornadas coma o Día da Auga ou da Árbore, os alumnos da provincia continúan a súa formación con propostas literarias, turísticas e de conciencia sobre o mundo que os rodea. 

xornalescolar3003_redes (1)
1 / 7

Carlos Casares. Os cativos de Xinzo continúan a súa peregrinación. Na cuarta etapa do Camiño de Santiago fieron parada en Silleda e visitaron, entre outros, o mosteiro de Carboeiro ou a Ponte do Demo. Tamén coñeceron Lalín.

xornalescolar3003_redes (2)
2 / 7

Franciscanas. Uxía Gómez con “A terra da auga” e Joaquín Rodríguez con “Canción da auga” acadaron o primeiro e segundo premio da categoría de ESO de relatos creativos no certamen literario “Relatos de auga intelixente” de Viaqua.

xornalescolar3003_redes (3)
3 / 7

Ecovigilantes. A patrulla ambiental desenvolveu unha xornada de recollida de cabichas e de deporte na Plaza Roja de Barros Sibelo de Ourense. Tamén participaron nunha recollida de tapóns solidarios.

xornalescolar3003_redes (4)
4 / 7

O Ruxidoiro. Os pequenos de Barbadás celebraron o Día da Auga creando unhas pinguiñas moi especiais, para lembrar que “gota a gota, si a aforramos, o mundo non se esgota”.

xornalescolar3003_redes (5)
5 / 7

IES Otero Pedrayo. deporte, convivencia e novas experiencias foi o que compartiron os alumnos de primeiro de Bacharelato na súa semana branca, que lles permitiu practicar esquí da man do departamento de Educación Física.

xornalescolar3003_redes (7)
6 / 7

Cea. No Virxe da Saleta celebraron o Día da Árbore cunha xornada de plantación de árbores e un paseo pola contorna para coñecer as súas características e valorar a riqueza do patrimonio ambiental.

xornalescolar3003_redes (6)
7 / 7

Celanova. No Sagrado Corazón recibiron a visita do escritor Xabier Domínguez, autor de “Maxia de pedra”. Ademais de ler algúns fragmentos, os alumnos aprenderon o proceso de escribir un libro.