Xornal Escolar

Recreos sobre rodas saudables en Baños de Molgas

No CEIP Baños de Molgas veñen de poñer en marcha un ambicioso plan de mobilidade activa durante os períodos de recreo do alumnado, ao tempo que contribúen a ter uns patios máis inclusivos. Desta volta, a iniciativa consiste en dotar a cada un dos escolares dun patinete e un casco protector.

“Viñamos observando con preocupación nos últimos anos como estes intres de lecer eran cada vez máis sedentarios por parte dos nosos rapaces e rapazas, ao ir diminuíndo o número de alumnado de cada grupo, cada vez as actividades que levan a cabo nos recreos esixían menos movemento, estando moitas veces sentados en grupo falando ou simplemente paseando polo patio”, explican dende o centro.

Despois dalgún tempo buscando alternativas, decidiron poñer en marcha esta iniciativa. Despois de xa algúns días nos que os cativos teñen á súa disposición todo o material, “sentímonos gratamente recompensados” pola ilusión do alumnado de participar na proposta.

Deste xeito, dende o colexio de Baños de Molgas continuan a dar pequenos pasos para seguir contribuindo ao desenvolvemento integral dos escolares, tentando dotar ao alumnado das “mellores ferramentas para seren capaces, o día de mañá, de enfrontarse ás múltiples situacións que lle vai demandando o seu futuro, con seguridade e confianza ao mesmo tempo que tentamos afianzar o convencevento e o desexo de que todos acaben sendo persoas de ben”, explican dende a directiva do centro educativo.

xornalescolar_1603_banos_molgas_01
1 / 8

O bo tempo acompañou para disfrutar do novo proxecto nas últimas semanas.

xornalescolar_1603_banos_molgas_05
2 / 8

O obxectivo é promover a actividade física entre o alumnado.

xornalescolar_1603_banos_molgas_02
3 / 8

Cada alumno ten o seu propio vehículo, adaptado á súa idade.

xornalescolar_1603_banos_molgas_03
4 / 8

Os máis cativos teñen uns patinetes especiais.

xornalescolar_1603_banos_molgas_04
5 / 8

A iniciativa está sendo un éxito entre o alumnado.

xornalescolar_1603_banos_molgas_06
6 / 8

Os recreos son agora máis divertidos en Baños de Molgas.

xornalescolar_1603_banos_molgas_07
7 / 8

O colexio tamén comprou cascos de protección.

xornalescolar_1603_banos_molgas_08
8 / 8

O obxectivo é promover a actividade física entre o alumnado.