Xornal Escolar

Coñece a túa provincia... O río Barbantiño, en Punxín

Os Lobetos do grupo Scout Ilex 695 aventurouse a explorar a selva do río Barbantiño en Punxín. Alí fixeron unha gran ruta de 13 kilómetros de lonxitude que lles permitiu descubrir pequenos recunchos cheos de tesouros naturais. Aprenderon os nomes de árbores, prantas, cogumelos, paxaros… E mesmo chegaron a avistar unha lontra. Non faltou a visita ó patrimonio histórico, descubrindo muíños e fervenzas. 

Por suposto non puideron faltar as paradas para repor forzas cunha pequena merenda a media mañá e outra máis alongada para xantar, nunha fermosa área recreativa con mesas y un montón de recunchos que explorar e nos que xogar. Foi un día extraordinario, gozando da natureza e a súa refrescante fermosura nas paraxes de Punxín.

10_xornalescolar_0112_provincia_01
1 / 3

Os Lobetos do grupo Scout Ilex 695 en Punxín.

10_xornalescolar_0112_provincia_03
2 / 3

Os Lobetos do grupo Scout Ilex 695 en Punxín.

10_xornalescolar_0112_provincia_02
3 / 3

Os Lobetos do grupo Scout Ilex 695 en Punxín.