Xornal Escolar

Así podes construir un avión "supersónico"!

Paso a paso de como facer un avión co seu propio propulsor.

xornalescolar_0610_lixoteca_01_resultado
1 / 6

Hoxe imos facer un avionciño con catapulta moi sinxelo pero que che dará horas de diversións a ti e ós teus amigos. Para preparalo precisaremos materiais moi doados de conseguir, como son: unha cartolina, dous pauciños, dúas gomas, unha pinza da roupa e unhas tesoiras.

xornalescolar_0610_lixoteca_06_resultado
2 / 6

O primeiro que terás que facer será o avionciño de papel. Neste caso, cada un ten a súa técnica e seguro que xa sabes facelo. Pero, por se acaso… Comeza dobrando o papel á metade pola parte longa e dobra sobre ela as puntas do papel. Mete agora a punta cara dentro e volve dobrar as puntas.

xornalescolar_0610_lixoteca_05_resultado
3 / 6

Imos preparar a catapulta! Colle a pinza da roupa e coloca os pauciños nos laterales. Une unha das partes da pinza cos pauciños cunha goma. Dalle as voltas que sexan precisas para que quede ben tensa e non se descoloque cando vaiamos facer voar o noso avión de papel.

xornalescolar_0610_lixoteca_04_resultado
4 / 6

Agora que temos a parte da pinza lista, colle a outra goma e ábrea coa tesoira. Nos extremos dos pauciños que temos aínda libres, ata un nó con cada extremo da goma asegurándote de que queda ben apretado. Esta parte haina que estirar moito, así que asegúrate de que queda ben fixada.

xornalescolar_0610_lixoteca_03_resultado
5 / 6

O funcionamento da catapulta é moi sinxelo. Engancha co teu dedo a goma que atamos nas puntas dos paus e tira dela cara á pinza. Abre a pinza e engancha a goma nela antes de volvela pechar. Como verás, a goma queda suxeita, tensa e lista para servir de propulsor do noso avión.

xornalescolar_0610_lixoteca_02_resultado
6 / 6

Coa goma enganchada na pinza, tan só terás que pousar o avión de papel entre os dous pauciños e prepararte para o despegue. Cando o teñas e a pista estea libre, calca no extremo da pinza para abrila, a goma soltarase e empuxará o avionciño dándolle un forte impulso para voar. Xa sabes… Mans á obra!