Xornal Escolar

Un divertido tambor

Na Lixoteca desta semana facemos un tambor moi sinxelo pero moi divertido. 

xornalescolar_210929_lixoteca_01_resultado
1 / 6

Para facer este divertido tambor necesitaremos: cartón, unha forma redonda, un pau, un rotulador, un pouco de cordel, dúas boliñas que pesen, tesoiras, pegamento e unha troqueladora. Tamén necesitarás unha pistola de silicona, pero lembra pedirlle axuda a un maior para non queimarte.

xornalescolar_210929_lixoteca_02_resultado
2 / 6

O primeiro que faremos será marcar dous círculos no cartón coa forma redonda -neste caso utilizamos un disco, pero pode ser calquera cousa-. Cando os teñas marcados, recórtaos e faille dous buratiños a cada lado coa axuda da troqueladora. Fíxate ben que queden á mesma altura nos dous círculos para que encaixen.

xornalescolar_210929_lixoteca_03_resultado
3 / 6

Coa pistola de silicona, pegamos o pau no medio dun dos círculos e botámoslle pegamento por toda a superficie para pegar contra el o círculo que temos reservado. Deixa que seque para que cando toquemos o tambor non se despegue nin se desfaga a túa manualidade.

xornalescolar_210929_lixoteca_04_resultado
4 / 6

Agora cortamos dous anacos de cordel duns 20 centímetros aproximadamente. Introducimos cada un deles polos buratiños que fixemos coa troqueladora unindo así os dous círculos. Fai un nó forte para que non escapen e pon na punta de cada un deles unha das boliñas.

xornalescolar_210929_lixoteca_05_resultado
5 / 6

Chegou agora o momento de decorar. Neste caso eliximos facer unha cara de cada lado do tambor. Unha triste e outra alegre, para que cando comeces a facer música lle vaia cambiando o humor. Pero podes decorar como máis che guste e deixarte levar pola imaxinación.

xornalescolar_210929_lixoteca_06_resultado
6 / 6

Xa está listo! Tocar este tambor é moi sinxelo. Terás que agarrar o pau coas dúas mans e frotalas unha contra outra para que a parte de arriba dea voltas. En cada movemento, as boliñas pegarán cos cartóns e empezarás a oír o ritmo do teu novo tambor. A ver que rápido eres capaz de darlle... Mans á obra!