Xornal Escolar

Volta ás aulas con moita forza en Celanova

No colexio Curros Enríquez de Celanoa déronlle o pistoletazo de saída ó terceiro trimestre do curso con moita forza. O salón de actos do centro educativo acolleu dúas actividades para complementar a formación que os alumnos reciben nas aulas. En primeiro lugar, recibiron unha charla sobre a saude bucodental impartida por Marisol, sanitaria do centro de saúde de Celanova, na que participaron alumnos de Educación Primaria. 

Pola súa banda, os alumnos de Educación Infantil e primeiro e segundo de Educación Primaria asistiron a unha sesión co ilustrador Benxamín Míguez, que os deleitou coa súa arte como debuxante e contacontos. Foron dúas propostas con moito éxito entre o alumnado.

xornalescolar_1904_celanova_01
1 / 5

O ilustrador Benxamín Míguez faloulles sobre arte.

xornalescolar_1904_celanova_02
2 / 5

O colexio de Celanova comezou o terceiro trimestre con enerxía.

xornalescolar_1904_celanova_03
3 / 5

Os alumnos estiveron moi atentos ás explicacións.

xornalescolar_1904_celanova_04
4 / 5

A sanitaria Marisol Mouriño faloulles sobre saúde bucodental.

xornalescolar_1904_celanova_05
5 / 5

Os máis pequenos participaron nun obradoiro sobre ilustración.