EVENTO

O "Abrazo ao Río Limia" será o vindeiro 8 de xuño

img_20180427_09495SS8
photo_camera A xuntanza entre os directores e os representantes institucionais foi na sala de xuntas do Concello.

O acto contará, como xa é habitual, con alumnos, autoridades e docentes dos centros escolares de Ponte de Lima, que se desprazarán ata Xinzo para dar un simbólico abrazo ao río Limia ao seu paso polo núcleo urbano

O alcalde de Xinzo, Manuel López Casas e o concelleiro de Deportes e Educación, Luis Miguel Gil Penín, reuníronse cos directores dos colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro da capital limiá para comezar a organizar o tradicional "Abrazo ao Río Limia" que este ano se celebrará o venres día 8 de xuño.

O acto contará, como xa é habitual, con alumnos, autoridades e docentes dos centros escolares de Ponte de Lima, que se desprazarán ata Xinzo para dar un simbólico abrazo ao río Limia ao seu paso polo núcleo urbano. O punto de encontro será a Ponte Grande e a pasarela contigua. Ademais da aperta, os participantes no acto tamén visitarán o Museo Galego do Entroido da rúa Dous de Maio e farán unha excursión á zona do nacemento do caudal.

O evento, que este ano acadará a súa séptima edición, ten como obxectivo facer unha irmandade entre as dúas localidades, poñer en valor o río como recurso natural de vital importancia e concienciar sobre o seu coidado, protección e limpeza.

Te puede interesar