CONCELLO

Sandiás aproba máis dun millón de euros para este ano 2024

La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).
photo_camera La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).
Na sesión tratouse o reparto da masa salarial do persoal laboral, que é dun total de 338.000 euros

O orzamento do Concello de Sandiás quedou definitivamente aprobado polo pleno para o exercicio económico 2024.

Para cumprir o que dispón o artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, publícase que o devandito orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á cantidade de 1.196.419,58 euros.

Na referida sesión, tamén se acordou aprobar o cadro de persoal,  que de acordo co que preceptúa o artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, reprodúcese co orzamento municipal para o exercicio 2024 cos funcionarios do cadro de persoal e retribucións para o exercicio 2024.

A retribución do cadro de persoal comeza co secretario-interventor con 23.360,79 euros, o administrativo a 9.263,152 euros, o auxiliar administrativo a 6.914,66 euros e o operario de servizos múltiples de 8.610,98 euros. A masa salarial persoal laboral é de 338.020,58 euros.

O número de persoal laboral repártese en cinco auxiliares de axuda a domicilio, un mestre infantil, unha coidadora infantil, dous axentes de desenvolvemento local, un auxiliar de servizos varios, un secretario do xulgado de paz e unha traballadora social.

O réxime de indemnizacións aos membros da corporación por asistencia a actos dos órganos colexiados dos que formen parte, por cada asistencia efectiva a sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, devindicarase por cada membro da Corporación a cantidade de setenta euros.

A dedicación parcial do alcalde da retribución bruta anual é de 16.587,65 euros e a dedicación parcial do concelleiro para asuntos de Cultura, Educación, Comunicación e Patrimonio é de 4.079,96 euros.

Te puede interesar