Agricultores e gandeiros formaranse en Xinzo para realizar tramitacións administrativas

Tal e como adiantaron dende a Consellería de Medio Rural, o obxectivo é impulsar o emprego dos medios electrónicos no medio rural, familiarizando e formando ás persoas titulares de explotacións agrarias e aos mozos e mozas con intención de incorporarse. 

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá entre os vindeiros luns e martes -22 e 23 de novembro- unha formación sobre tramitación administrativa mediante a sede electrónica da Xunta e a Oficina Virtual Gandeira destinada a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector. O curso, que durará 10 horas e que se prolongará entre as 15,30 horas e as 20,30 horas, está organizado dende a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. 

Tal e como adiantaron dende a Consellería de Medio Rural, o obxectivo é impulsar o emprego dos medios electrónicos no medio rural, familiarizando e formando ás persoas titulares de explotacións agrarias e aos mozos e mozas con intención de incorporarse para que saiban realizar distintos trámites tanto na sede electrónica da Xunta como na Oficina Virtual Gandeira. Así, ademais destes portais, trataranse cuestións como a Chave 365 e o certificado dixital, a guía de procedementos e servizos, solicitudes e modelos xenéricos e o sistema de notificacións electrónicas Notifica.gal. Trátase, en definitiva, de aumentar a competitividade do sector.

As persoas interesadas en participar na formación terán que cumplimentar as solicitudes de asistencia -pódense atopar en https://ovmediorural.xunta.gal- e remitilas a [email protected]. No 988 788 358 é posible  solicitar máis información.

Te puede interesar