Os Blancos construirá un centro de día residencial

<p></p>
photo_camera Zona das aforas de Os Blancos na que está prevista a construción do centro de día residencial

O orzamento é de un millón de euros e ofertará un total de 34 plazas

O Concello de Os Blancos ten previsto acometer, a finais de este verán, a construcción dun novo centro de día residencial.

Trátase dun dos proxectos de maior envergadura levados a cabo, ata o momento, por este Concello da comarca da Limia e que conta cun importante orzamento que ascende ao millón de euros.

Grazas a un convenio firmado o pasado mes de setembro polo propio Concello de Os Blancos, coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, abordarase a construcción deste novo espazo que responde a unha demanda xeral dos veciños da zona.

"É un proxecto viable", explica Xosé Manuel Castro, alcalde de Os Blancos. "Nin no noso concello, nin en Baltar, nin en Calvos de Randín hai residencias para maiores", sinala. Estes tres concellos suman ao redor de 3.000 habitantes, e no de Os Blancos, o 50 por cento da poboación supera os 70 anos. Nesta liña, Castro sinala que a construcción dunha residencia "é necesaria".

O novo centro terá unha única planta con 34 prazas, das cales 24 serán de residencia e 10 de centro de día. A edificación situarase nunha finca localizada á beira da estrada que une Os Blancos con Calvos de Randín, a escasos 150 metros do Consistorio. Este solar ten un tamaño de 3.000 metros cuadrados.

Nestes intres, e para poder comezar coas obras, O Concello está pendente de que se aprobe a delimitación do núcleo onde vai a figurar a nova residencia. Deste xeito, agárdase que a construcción comece no transcurso de 2017 e que finalice en dous anos, segundo explica o rexidor municipal.

Te puede interesar