A campaña de Nadal deixa 600 kilos de alimentos

A campaña de Nadal de Sandiás deixa 600 kilos en alimentos.
photo_camera A campaña de Nadal de Sandiás deixa 600 kilos en alimentos.
O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 350 euros, investiuse na compra de alimentos básicos

A campaña de Nadal de Sandiás deixou 40 caixas embaladas de alimentos cun total de 600 kilos, 80 caixas embaladas de roupa, 100 kilos de cabazas e 260 kilos de cebolas. Tamén se recolleron 8 caixas de xoguetes.

O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 350 euros, investiuse na compra de alimentos básicos e nas distintas tendas locais do concello. Os alimentos destináronse a necesidades de varias familias do concello de Sandiás e ao Banco de Alimentos e a roupa e xoguetes a Cáritas da comarca de Xinzo de Limia.

Participou  tamén a Casa do Concello, as comunidades parroquiais de Santo Estevo de Sandiás, de San Xoán de Piñeira de Arcos e de Santa María de Couso de Limia. Tamén o supermercado de Sandiás, a tenda dos pataqueiros de Piñeira de Arcos, o CEIP de Sandiás, o Punto de Atención Infantil, a Josefina e a tenda da Carmen en Couso de Limia.

Tamén participou a Cooperativa Postoiro, que donou cebolas e cabazas, e o corpo de voluntarios das catro comunidades parroquiais.

Te puede interesar