Co obxectivo de que a cidadanía limiá coñeza os acordos que se adoptan nas sesións plenarias, grao de execución e formación que as propón, a voceira de Cidadáns Xinzo, Montserrat Lama, vén de rexistrar unha moción para que se inclúa na páxina web municipal unha sección, "visible e de fácil acceso", na que aparezan todas as mocións aprobadas con información sobre as mesmas para coñecer o grado de cumprimento.
Para esta finalidade, e segundo a edil do partido laranxa, deberían figurar neste apartado o enlace ao documento orixinal en PDF, data en que foi aprobado, grupo municipal que propón a moción, grupos que votan a favor, en contra ou abstencións, e o estado de execución do mesmo.
Por último, dende Cidadáns Xinzo suxiren que se fagan públicas, do mesmo xeito, todas as mocións que se aprobaron dende o inicio da lexislatura. "Debemos ser responsables dos acordos acadados polo pleno cos nosos veciños e materializalos no menor tempo posible", recalcó Montse Lama.