ENTROIDO 2017

Os colexios da comarca xa preparan o Entroido

img_20170201_121429_result
photo_camera Os directores dos colexios da comarca da Limia co concelleiro de Cultura onte no Concello de Xinzo.

Os directores dos centros analizaron co concelleiro de Xinzo o desfile infantil

Na mañá de onte tivo lugar unha xuntanza entre o concelleiro de Cultura de Xinzo, Luis Miguel Gil, o coordinador da Casa da Cultura, Alfonso Lois, e os directores dos centros educativos da comarca de A Limia, e as escolas de Cualedro e de Bande a maiores. O obxectivo desta reunión foi comezar cos preparativos do desfile infantil do Entroido, que terá lugar en Xinzo o vindeiro venres 24 de febreiro, a partir das 11,30 horas. 

As comparsas estarán formadas polos alumnos dos centros escolares acompañados de pais, nais e mestres, polo que, en conxunto, serán máis de 2.000 as persoas que desfilarán polas principais rúas da vila.

Dende hai dous anos, a Concellería de Cultura de Xinzo ven organizando este desfile no que participan as escolas infantís, os colexios e os institutos da comarca e que percorrerá antiga estrada xeral de vila, dende a estación de autobuses ata a Rúa Rosalía de Castro, ofrecendo un espectáculo multicolor no que
disfrutan tanto os máis cativos como os maiores que asisten ao mesmo. 

Varias charangas acompañarán aos cativos durante o percorrido. Ao remate do desfile celebrarase  unha festa para todos os participantes no desfile e que terá lugar nas instalacions do colexio Rosalía de Castro.

programa do Entroido
Por outra banda, a presentación do programa oficial do Entroido 2017 de Xinzo terá lugar hoxe xoves, ás 12.30 horas, no Museo Galego do Entroido.n

Te puede interesar