A comarca pide a inclusión no plan central do regadío

photo_camera Este xoves celebrouse unha xuntanza do comité.
A directora de Agader comprometeuse a trasladar o acordo a Madrid 

O Comité de Seguimento de Regadíos da Limia, mantivo unha xuntanza este xoves en Ourense que estivo presidida pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader-, Inés Santé, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. No encontro acordouse trasladar ao executivo de Madrid a petición para que a Comarca da Limia sexa incluida no plan de modernización dos regadíos. O fará nun encontro que manterá con representantes do Ministerio de Agricultura a vindeira semana. Pola súa parte, os regantes presentes no encontro tamén avanzaron a súa intención de remitir a mesma petición de xeito individual.

O Comité sumouse deste xeito á petición que xa fixera o conselleiro do Medio Rural, José González, a semana pasada en Madrid no marco do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios. Neste senso, González considerou "unha aldraxe" que dos 563 millóns de euros previstos para regadíos non haxa ningunha partida asignada a Galicia e considera "insuficientes" os 1.051 millóns de euros consignados para o sector primario.

Te puede interesar