O Concello de Sandiás instalará 124 farolas led

Un operario realizando os traballos de renovación do alumeado público en Sandiás.
photo_camera Un operario realizando os traballos de renovación do alumeado público en Sandiás.
O cambio a esta tecnoloxía suporá un investimento de 80.000 euros

Operarios especializados están acometendo no Concello de Sandiás unha nova fase de incorporación de tecnoloxía de tipo led  que continúa cos traballos  realizados xa anteriormente noutras 10 aldeas do concello cun investimento de 127.000 euros e 370 puntos instalados.  

Nesta ocasión, e no marco da orde do 30 de decembro de 2020 do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, estase desenvolvendo o proxecto “Eficiencia enerxética, reducción da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos na aldea de Couso de Limia”, plan que conta cun orzamento específico total de 40.000 euros. Concretamente, desta cantidade o Fondo de Compensación Ambiental aporta 30.000 euros e o concello os 10.000 euros restantes co obxectivo de instalar na aldea de Couso de Limia 112 puntos de luces de tipo led. A empresa adxudicataria foi Elyte.

Por outro lado, esta tarefa continuará mediante a instalación de novos puntos de alumeado público con tecnoloxía led -tamén adxudicados a empresa Elyte- nas aldeas de Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás, Santa Ana, Coalloso, A Nogueira, A Corga e Arcos. Nesta liña o orzamento será de 39.015,85 euros aportados dende o Consistorio sandianés. 

Tal e como informaron dende a Administración Local, con esta nova tecnoloxía, na que se investirán en total nesta nova fase 80.000 euros, “o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello”.

Te puede interesar