Homenaxe na Casa da Cultura de Xinzo a Kepa Junkera, artista folk internacional

Homenaxe a Kepa.
photo_camera Homenaxe a Kepa.

Este domingo, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu un homenaxe a Kepa Junkera, artista folk internacionalmente recoñecido e un dos máximos expoñentes da música en euskera. Os organizadores do evento, xunto con Carlos Gómez, edil de Cultura, conduciron un acto que estivo marcado pola emoción, pola música e pola cultura. Tamén houbo espazo para que a Pantalla, o traxe do Entroido de Xinzo, contribuise coa súa particular homenaxe ó facer soar as campás arredor de Kepa.

Estiveron presentes outros membros da corporación local e representantes de Entroidos próximos. O acto serviu ademáis como presentación do seu libro, Berpiztu, onde conta como foi o seu renacer tras un ictus sufrido fai agora cinco anos. O músico local Daniel Fariñas foi o encargado de ler o discurso que trouxo preparado Kepa Junkera.

Te puede interesar