O auditorio Ángel Cocho de Xinzo acolleu a representación teatral "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" da compañía Matrioshka Teatro. A función tratou sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno Vázquez, escritora que será homenaxeada na vindeira edición do Día das Letras Galegas. A actividade estivo enmarcada dentro da terceira edición do Festival de Teatro Humorístico en Galego de Xinzo de Limia, que regresará á capital limiá con "Lolo e mamá" o día 6 se maio, ás 19,30 horas.
Buscar
Más en A Limia