CONCURSO DE TALENTO

O IES Lagoa de Antela, finalista do Young Busines Talent

É o único da provincia de Ourense que conseguíu esta clasificación, sumándose a outros once do resto de Galicia que tamén a alcanzaron.

Un equipo de alumnos do IES Lagoa de Antela clasificouse para participar na fase final do concurso "Simulación Empresarial Young Bussines Talents", un certame convocado a nivel nacional no que  participan colexios de toda España.

Este concurso ten como obxectivo desenvolver un programa de aprendizaxe experiencial mediante a simulación de crear e dirixir unha empresa. O programa  deu comezo no pasado mes de novembro e se apuntaron para participar no mesmo 2.887 equipos de colexios de toda España. A partir daquel momento, cada equipo foi desenvolvendo a súa simulación empresarial.

Os cen mellores proyectos que conseguir rematar o programa formativo clasificáronse para disputar a fase final, que terá lugar en Madrid o venres 31 de marzo.

Un dos catro equipos do IES Lagoa de Antela que participaban no certame é un dos cen que foron seleccionados para participar na fase final a nivel nacional. É o único da provincia de Ourense que conseguíu esta clasificación, sumándose a outros once do resto de Galicia que tamén a alcanzaron.

Te puede interesar