O índice de criminalidade de Calvos, en niveis “moi baixos”

undefined
photo_camera O encontro transcorreu entre a Casa Consistorial e o posto da Garda Civil.
Emilio González e Aquilino Valencia analizaron o desenvolvemento do Programa de Extensión da Banda Ancha de Nova Xeración que permitirá que Serois, Lobás, Castelaus, Calvos e Randín conten con esta tecnoloxía de acceso á rede

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, achegouse a Calvos de Randín co obxectivo de manter un encontro co seu alcalde, Aquilino Valencia. Na xuntanza de traballo, ambos analizaron os datos de seguridade cidadá do concello. Emilio González sinalou que “o índice de criminalidade en Calvos de Randín mantense en niveis moi baixos, o que fai deste un concello seguro e tranquilo en relación a municipios de poboación similar”.

Por outra banda, os dous representantes analizaron a cooperación mantida entre administracións nos últimos meses para desenvolver melloras estructurais e de servizos. Unha das liñas de acción presentes en Calvos de Randín é a vinculada ao Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía -IDAE-, que respaldou economicamente o proxecto de renovación de instalacións de iluminación exterior neste concello cunha subvención de 83.140 euros.

Por último, Emilio González e Aquilino Valencia analizaron o desenvolvemento do Programa de Extensión da Banda Ancha de Nova Xeración que permitirá que Serois, Lobás, Castelaus, Calvos e Randín conten con esta tecnoloxía de acceso á rede, e a situación dos investimentos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que levará a cabo o proxecto de mellora da depuración nos núcleos de Vilar, Randín, Rubiás, Paradela, Rioseco e Calvos.

Te puede interesar