SUCESO | A LIMIA

A intensa néboa provoca un accidente e a localización de dúas mozas feridas en Sandiás

Un familiar alertou os servicios de emerxencias xa que as xóvenes estaban "nerviosas" e o coche atopábase "perdido no medio da néboa"

Dúas mozas resultaron feridas a primeira hora deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado na localidade ourensana de Sandiás. A intensa néboa que cubría a zona dificultou a localización do vehículo tras recibir a chamada de alerta.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco antes das 8,00 horas deste xoves nunha vía secundaria que vai cara á igrexa de Piñeira de Arcos.

Foi un familiar das vítimas o que alertou o 112 indicando que o vehículo se atopaba "perdido no medio da néboa" e que as mozas, bastante nerviosas tras o impacto, se atopaban no seu interior.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Xinzo, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que, tras localizar o vehículo, prestou asistencia sanitaria a ambas as dúas mozas.

ACCIDENTE EN COIRÓS

Te puede interesar