PROMOCIÓN

Máis de 20 postos exhibirán o produto local de Vilar de Santos

<p></p>
photo_camera Unha anterior edición do mercado.

Haberá actuacións para os máis pequenos, foliada e os percusionistas "Odaiko" pecharán a xornada festiva

Os emprendedores de Vilar de Santos volverán a dar vida ao Mercado de Artesanía e Produto Local. Será o vindeiro sábado, 12 de maio, e estará organizado pola taberna cultural A Arca da Noe -nominada aos Premios Martín Códax como mellor sala de concertos no 2018-, o Forno Faragullas de pan artesán e polo propio Concello de Vilar de Santos.

A xornada arrancará coa apertura de máis de 20 postos na rúa do Forno ás 12,00 horas do mediodía. Pouco despois, ao redor das 13,00 horas terá lugar unha foliada polas principais rúas de Vilar de Santos.

Na cuarta edición deste evento que ten como obxectivo dar visibilidade aos emprendedores da localidade limiá, tamén haberá ocio para os máis cativos que se acheguen. Ás 17,00 horas Paco Nogueiras e Radio Bule-Bule ofrecerán un concerto infantil.

A xornada festiva pecharase ás 21,00 horas coa actuación do grupo Odaiko. Esta formación de percusionistas, con máis de 12 anos de historia, xa estivo presente en festivais de renome como o de Ortigueira ou no de Jazz de San Sebastián.n

Te puede interesar