CULTURA

O Museo Galego do Entroido bate récord de visitas nos últimos días

Máis dun centenar de persoas procedentes de distintos puntos do país como Madrid, Barcelona ou Santiago, visitaron a mostra nos últimos días

O Museo Galego do Entroido está a rexistrar, durante os días centrais da festividade do Entroido, "o seu récord de visitas", segundo sinala o seu coordinador, Iván Prado. Máis dun centenar de persoas procedentes de distintos puntos do país como Madrid, Barcelona ou Santiago, visitaron a mostra nos últimos días. 

Durante a mañá de onte, 11 cativos do Centro de Menores de Verín, acompañados dos seus monitores, coñeceron os interiores das instalacións do Museo grazas a unha visita guiada. O mesmo día, membros do Camping Caravaning Club Galicia-Vigo achegáronse a coñecer tamén o Museo. 

Te puede interesar