ENTREVISTA

Nicolás Casal: “Nin nos mellores soños imaxinamos que a nosa curta estivera nominada a un Oscar”

nicolás
photo_camera O compositor, de avós ourensáns, Nicolás Casal.

A súa música ponlle son á banda sonora da curtametraxe 'Stutterer', que opta a un Oscar na súa categoría o vindeiro 28 de febreiro

Nicolás Casal, neto de Nicolás e Cándida, de Congostro (Rairiz de Veiga), a donde viaxa con frecuencia, aínda non sae do seu asombro. A súa música ponlle son á banda sonora da curtametraxe 'Stutterer', que opta a un Oscar na súa categoría o vindeiro 28 de febreiro.

Cómo escomenzou a súa afección pola música? 
Os meus pais din que de pequeno pasaba horas tocando nun teclado que tiña na habitación tentando sacar as melodías que saían na televisión, así que con oito anos decidiron probar a meterme no conservatorio de Santiago. Despois de moitos anos decidindo se me quería adicar á música ou á arquitectura, e logo de acabar bachiller, mudeime a Vigo a facer o grao superior de pianorematándoo no 2009. En Vigo vivín sete anos, cinco traballando como profesor de piano na Escola Municipal, da que gardo un gran recordo.

En qué ano comeza a compor bandas sonoras e cómo xurde esa inquietude?
Comecei a compoñer música para curtametraxes alá polo 2004 case por obligación e de casualidade. Amigos que tiña ao redor facendo as súas primeiras curtas pedíronme que compoñera a música. Ata ese momento as bandas sonoras non me chamaran a atención pero ao probar, decateime de que ter unha escea diante sen música e ter que traducir musicalmente o que o director quere expresar con ela para axudar a que se entenda mellor a historia pero dunha maneira sutil, pareceume un reto moi bonito. Estiven anos facendo música para moitas curtas sen ningún tipo de presión, non había cartos, era por pracer, e servíame de descanso xa que eu seguía centrado no superior de piano. Valeume moito para coller moita experiencia, coñecer a moita xente e acostumarme a traballar con directores distintos en proxectos distintos.

Pero chega un momento no que si decide encamiñar a súa carreira nesa liña?
Cando rematei o superior decidín centrarme na composición para cine, pasei un par de anos estudando jazz, composición, tentando conseguir máis traballos e dándolle voltas á posibilidade de saír fóra, por ter a experiencia persoal de coñecer outro idioma, outra cultura… e para formarme profesionalmente.

Cómo é que acaba en Londres?
Despois de pasar un par de anos tentando conseguir becas para irme a Estados Unidos, probei a ir a unhas clases en Londres cun compositor. Solicitei praza en varios máster e tiven a sorte de que me  aceptaron no máster sobre Música para Cine da City University London. Fíxeno en dous anos en vez de nun para poder traballar ao mesmo tempo para pagar o aluguer e foi unha experiencia moi boa.

E ese proxecto da banda sonora da curta, cómo é que xurde?
Pois esta curta, Stutterer, xurdiu como xurdiron moitas outras. Fíxeme amigo do director, un rapaz irlandés que vive no meu barrio, díxome que estaba acabando un guión da súa primeira curta. Lino, pareceume moi bo e decidín colaborar con él. Foi unha experiencia moi boa porque formo parte do proceso dende o principio. Todos os
do equipo fixémonos amigos. Foron moitos meses de traballo e a pesar de que non había diñeiro, e o pouco que conseguiamos ía para o equipo de rodaxe, material, lentes das cámaras… foi un reto. 

E chegou entón a súa primeira grande sorpresa da súa carreira musical...
A sorpresa veu cando empezaron a aceptalo en festivais de todo o mundo, empezou a gañar premios, recibía boas críticas e así ata agora. Nin nos mellores soños 
imaxinabamos que poderiamos estar nominados a un Oscar. Foi toda unha sorpresa. Agora toca aproveitar esta oportunidade, seguir traballando e seguir disfrutando co que facemos.

Te puede interesar