entrevista - vida

Noemí Vázquez, capitana da Arca de Noe

mtp3209_result
photo_camera Noemí Vázquez (MARTIÑO PINAL)
Noemí Vázquez é unha desas mozas aguerridas que buscou poñer en marcha un dos seus soños, lonxe das urbes, en Vilar de Santos, e converterse na capitana de A Arca da Noe para achegar a cultura ao rural. Hoxe en día, o espacio é un referente na provincia ao que acudir a gozar de diferentes actividades culturais

A Arca da Noe é unha taberna cultural ubicada en Vilar de Santos, A Limia. Un local con encanto que enche de vida e actividade este espacio rural da comarca da Limia e que segue a gañar adeptos co paso do tempo. Os que ata alí se achegan, ademais de desfrutar dun viño, beber unha cervexa artesá ou comer unha hamburguesa de carne local, pode asistir a un bo concerto ou unha sesión de contacontos; ver unha exposición ou asistir a clases de percusión tradicional galega. A vindeira semana (días 2 e 4) celebran o seu quinto aniversario cun atractivo cartaz musical. 

Todo ten un comezo, como comezou a travesía de A Arca da Noe?

Quería que fose unha taberna das de antes, onde cantar, tocar, comer algo rico, falar... Un dos meus referentes foi a “Taberna do Xico” (agora da “Lola”) en Mandín, un deses locais marabillosos que ainda existe.  Considerei que tamén quería acrecentar actividade cultural, porque para min é fundamental promover a cultural galega xa que desde nova formo parte de asociacións culturais e linguísticas.

Cal é a smtp3172_resultúa filosofía?

A miña intención é crear un bo ambiente dentro do local. Tento que a Arca sexa un espacio de encontro interxeracional, entre persoas pertencentes ao mundo rural e ao urbano, de diferentes opcións ideolóxicas, linguísticas, sociais...   É fundamental evitar calquera tipo de discriminación de xénero ou de opción sexual. 

Por outra parte, procuro que haxa um ambiente de respeto coas actuacións dos e das artistas, que se sintan valorizadas polo que fan.

Ofrece unha programación variada e para todos os públicos, e dende o rural, como se consegue?

Com moito esforzo, implicación e a colaboración de persoas arredor da Arca que me axudan. Tamén a vontade dos músicos que queren vir e propoñen as súas actividades. Subliñar que, por exemplo, ata decembro deste ano xa temos pechada unha axenda con dous concertos cada fin de semana. 

E esa axenda acolle claramente a fusión de Galicia e Portugal, e como non, Brasil...

A miña programación ten intención lusófona, mais non só. Non se desbotan proxectos artísticos de calquera parte do mundo e en calquera outra lingua. 

Volvendo a súa ubicación no rural, é complicado levar a cabo este tipo de proxectos?

Onde non é complicado levar hoxe en día adiantee un proxecto cultural rendible económicamente en Galicia? E destas camtp3228_resultracterísticas máis. A nível económico implica maiores riscos que abrir un espazo deste tipo nunha cidade ou vila. Aqui ven os clientes de pé feito, non é un lugar de paso. E se veñen, é que algo estamos facendo ben.

Tamén un espacio alonxado das urbes ten unha manchea de cousas a favor, como animaría a dar pulo a iniciativas no eido rural á xuventude?

Os soños están para se cumprir, pero primeiro hai que analizar, e unha vez postos a andar  desenvolvelos con moita constancia e traballo.

E os veciños? Que din os veciños de A Arca da Noe?

É para eles un espaico de reunión, e os días que pecho, botan de menos que esté aberta. Ademais, a reconstrución do edificio é tamén unha nova vida que se lle da. Na Arca xuntáronse dúas casas que tamén formaba parte do día a día dos veciños e que as vían caídas. Unha delas era a do Evaristo cesteiro, que facía cestos, corazas, polainas de xuncos na propia casa, e a outra parte do local era da familia materna dos Taboada, na parte de abaixo tiñan bois e vacas e na de cima dormían. E agora recobrou vida en forma de taberna cultural.

Que bota en falta para un mellor desenrolo?  

Maior consciencia política en todos os ámbitos de que estamos ante a última oportunidade de revitalizar as comarcas do interior da Galicia.

Te puede interesar