As novas prazas de Rairiz de Veiga costarán 72.000 euros

O departamento autonómico acaba de adxudicar ditas actuacións que terán un prazo de execución de tres meses. 

A Xunta investirá, a través da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, máis de 72.000 euros na humanización de dúas prazas no termo de Rairiz de Veiga -localizadas na contorna dalgunhas das infraestruturas e edificios públicos máis relevantes como a Casa do Concello, o centro de saúde, o centro de día, a gardería e o colexio Antonio Vázquez-. O departamento autonómico acaba de adxudicar ditas actuacións que terán un prazo de execución de tres meses. 

Os traballos consistirán en rexenerar e pavimentar estas zonas en función do estado actual que presentan, mellorar os acabados e renovar as infraestruturas de abastecemento coa instalación de novas tubaxes ou arquetas. Tamén se construirán beirarrúas. 

Te puede interesar