INFRAESTRUCTURAS

As obras nas beirarrúas de Baltar costarán 240.000 euros

As obras de reparación afectarán á estrada OU-304 e dividiranse en dúas etapas

As obras de reparación das beirarrúas e a mellora da accesibilidade en Baltar contarán cun orzamento de 240.000 euros. Concretamente, afectarán á estrada OU-304 e dividiranse en dúas fases. A primeira delas, que foi adxudicada á empresa Explotaciones medioambientales, acaba de comezar e terá un prazo de execución de tres meses. 

Actuarase na travesía de Baltar, entre os puntos quilométricos 14+150 e 14+500, onde existen unhas beirarrúas que se atopan deterioradas polo paso do tempo e non cumpren os criterios actuais de accesibilidade en canto a anchos, pendentes e vados, entre outros elementos. 

A entidade Augas de Galicia está a renovar unha parte da rede de saneamento na travesía. Está previsto executar unha segunda fase da actuación e renovar as beirarrúas do resto da travesía, entre os puntos 13+250 e 14+150. 

Te puede interesar